Blog

A PIQUES DE REMATAR ESTE CURSO…

Pero non sen antes facer un par de cousiñas que tiñamos pendentes, como a semana dos clusters, relacionada co proxecto do centro ARTES E OFICIOS ,que foi toda unha experiencia para alumnado e para o profesorado que valoramos satisfactoriamente. Esperamos que os artesáns e artesás que fixeron posible esta realidade, levasen tamén o mellor dos…

CUSTODIA DUN TREITO DO RÍO DE PEITIEIROS

O martes 8 de maio pola tarde, un minigrupo de profesorado do centro puidemos gozar da formación sobre a inspección básica dun río a cargo de Paco Bañobre do Proxecto Ríos. Con el confirmamos as coordenadas do treito que temos en custodia, e fixemos a primeira expedición primaveral do río. Nesta expedición cubrimos un caderno…

ABRIL AUGAS MIL

E ben certo é , que estas choivas de abril lle viñeron moi ben ás nosas sementeiras que agora están agardando polo sol para seguir medrando. E en abril o noso cole estivo cheiño de obradoiros impartidos por monitores do Programa de Ponte a Zero da Deputación de Pontevedra. O alumnado de 1º e 2º…

SEMANA CLIMÁTICA 2024

Coa chegada da semana climática e coa chegada do sol, o alumnado e profesorado do CEP XOSÉ NEIRA VILAS deu inicio ás súas saídas, a exploración pola contorna e as plantacións nos seus bancais. Visita a exposición «Comedy Wildlife» O alumnado do 1º ciclo visitou a exposición  «Comedy Wildlife» en Vigo, sesenta fotografías que foron realizadas…

PARABÉNS E GRAZAS Á COMUNIDADE EDUCATIVA DO XNV.

O equipo ambiental non queremos marchar de vacacións, sen antes felicitar e agradecer a toda a comunidade educativa, porque non nos queremos esquecer de ninguén, polo seu benfacer de cara o noso cole, e pola participación masiva no proxecto dos Patios Inclusivos. Ben sabemos que ás veces non é fácil conciliar, por iso sabemos que…

E con xuño remata o curso escolar 22-23

Pero non o rematamos así de calquera maneira, senón que o rematamos cheos de actividades e celebracións. Como xa sabedes o día 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medio Ambiente e o día 8 o Día Mundial dos Océanos, entón dende o cole fíxemos unha única celebración para conmemorar estes dous días. Pedímoslle…

¡Ai, maio, maiolo! canto proxecto para este mes novo.

Pois si, ben certo é , que para este mes temos moitas ilusións con novos proxectos que esperemos que pouco a pouco se vaian levando a cabo. Irémosvos contando a medida que se vaían desenvolvendo. Para empezar despois levar a cabo o programa da froita e do leite e que deu tan bo resultado, agora…

En abril as plantacións a mil…

Neste mes, o profesorado e alumnado do Neira Vilas non quere deixar pasar a oportunidade de facer sementeiras e plantacións que darán os seus froitos nuns meses. Plantamos cenorias, amorodos, cebolas, leitugas, cabazas… fixéronse sementeiras de feixóns, recuperamos a planta da pataca voadora e preparamos as plantas das framboesas para intentar que teñan unha produción…

O sol de marzo…

Veunos moi ben para facer as últimas colleitas de espinacas e pementos da nosa horta, e tamén uns cantos limóns que están ben cheiños e con moito zume. Tamén comezamos coa preparación dos bancais , facendo de novo a chamada lasaña para as novas plantacións. Aproveitamos o compos dos nosos composteiros, xa que que mellor…

DISTINCIÓN REVITALIZA AO CEP XOSÉ NEIRA VILAS

O CEP Xosé Neira Vilas acaba de recibir por parte da Deputación de Pontevedra a distinción REVITALIZA de Compostaxe Responsable.  Esta distinción pertence a toda a Comunidade Educativa do Centro xa que é froito do esforzo e traballo de varios anos e proxectos, entre os que podemos destacar a permacultura, a compostaxe, a sostibilidade, as…

Cargando…

Something went wrong. Please refresh the page and/or try again.


Follow My Blog

Get new content delivered directly to your inbox.

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos